luns, 1 de xaneiro de 2024

Violencia contra o varón?

 Os profesionais detectamos casos de homes que poden sufrir maltrato emocional  nunha relación e temos recursos para traballar con ese varón. Non temos os ollos pechados a esta realidade .

As estadísticas están aí, todas e todos vemos os telediarios e a muller sofre este maltrato simplemente por ser muller, sendo  moi raro ver maltrato físico no varón que veña da muller. Sí podemos detectar, os profesionais, maltrato emocional de mulleres as súas parellas, homes que moi poucas veces acoden a solicitar axuda con esta demanda. Hai que destacar que cuantitativamente son moi superiores os casos de mulleres que sofren maltrato atendidas en consultas que os casos de homes.

O número de mulleres mortas polas parellas están aí e por desgracia seguen aparecendo cada día. Cando falamos de maltrato emocional é moi difícil de cuantificar e tamén demostrar , xa que se exerze na esfera privada, incluso dentro do dormitorio. Isto sábeno os/as profesionais que xulgan ( cada vez teñen máis formación especializada nos Xulgados en temas de violencia de xénero e doméstica).

As mulleres sometidas a maltrato emocional continuado teñen secuelas psicolóxicas que poden permanecer no tempo con diagnósticos de trastornos do estado de ánimo (trastorno distímico, depresión), trastornos de ansiedad (trastorno de pánico, trastorno obsesivo-compulsivo) , síndrome de estrés postraumatico (TEPT), trastornos alimentarios (anorexia, bulimia, síndrome de caos alimentario), alcoholismo, drogodependencias (o fármacodependencias si nos ceñimos a que a sustancia sexa legal o ilegal) e a descompensación de personalidades anómalas. Echeburua 2004.

En estudos recentes quedou demostrado que o maltrato físico e psicolóxico ten repercusións neuropsicolóxicas nas vítimas e que son estables e durareiras estas repercusións.

Vemos situacións de mulleres que chegan a sufrir unha tranformación da personalidade persistente e manifestarse con rasgos ríxidos e desadaptativos que as levan a un deterioro das relacións personais e da súa actividade social e laboral . O diagnóstico se basea en rasgos (previamente ausentes) como por exemplo: actitude de desconfianza cara o mundo, illamento social, sentimentos de vacio ou desesperanza, sentimento de "estar ao límite" ou "amenazada", vivencia de extrañeza de si mesma. Pódese constatar coa súa información e a dun terceiro que toda esta repercusión foi consecuencia da convivencia cunha parella violenta e agresiva con ela.

Prevenir a violencia é un obxetivo clave en materia de igualdade, pero a educación e os cambios sociais levan tempo. Mentras temos que dar solución ás vitimas mulleres, fillos e fillas, protexelas e darlle os tratamentos psicolóxicos eficaces que eviten secuelas permanentes.


domingo, 31 de decembro de 2023

Patriarca

Patriarca é o xefe de núcleos familiares e sociais. A teoría feminista define o Patriarcado como o sistema de dominio e poder dos homes sobre as mulleres. Poder que se exerce a través da policía, da economía, da cultura, da religión. Unha violencia que non é preciso sea física, xa que é más efectiva de manera simbólica ( insensible e invisible ás víctimas) Pierre Bourdieu La dominación masculina anagrama .
Exemplo de violencia simbólica serían os estereotipos de género : cando nos educan desde que nacemos co que se espera de nos por ser mulleres. Desde edades moi tempranas  nos dicen con qué xogar ou como vestir ou como sentir ou pensar, se pode dicir que estamos programadas todas desde o nacemento e se saes do programado socialmente es duramente criticada, censurada: Temos un exemplo claro nas mulleres que no crían a descendencia  por decidir ter máis unha vida fora do ámbito doméstico ( compre salientar que a crianza da descendencia como exclusividade feminina fui unha imposición cultural).
O feito de que as mulleres teñan fillos responde ao sexo pero que os críen responde ao xénero que é unha contrución cultural ( Lerner) .Todos sabemos como foron criticadas durante siglos as mulleres non fértiles e aínda hoxe se critica máis a unha muller sen fillos e ou solteira que se a decisión é tomada por un home, que non se cuestiona da mesma maneira.
Gerda Lerner na La creación del patriarcado di que a orixe da patriarcado situase más no control da sexualidade femenina e na procreación que en cuestión económicas. A subordinación sexual da Muller quedo institucionalizada nos primeros Códigos Xurídicos.
O patriarcado relegou á muller a unha menor posición pola súa función reproductiva e de cuidados e todos sabemos como foi silenciada na esfera pública.
Máis de mil mulleres foron asasinadas só por ser mulleres contabilizadas  desde 2003 , se denuncia unha violación cada cinco horas, o 70% dos trabajos a tempo parcial son mulleres, o acoso sexual laboral quen o padece? Negar a violencia de xénero como pretenden algúns é non ler nada, é non saber nada e  é perpetuar a violencia. 
Parece mentira que sexan considerados vítimas ás fillas e os fillos desde 2015, ata esta data non se tiñan en conta as secuelas nos descendentes  (psicolóxicas e ás veces a morte), que acarrea convivir cun proxenitor violento, ata esta data non eran vítimas. Os datos estadisticos sobre menores mortos por violencia de xénero coxean... 
De Beauvoir dicía con moita razón: "o opresor non sería tan forte se non tivese cómplices entre os propios oprimidos" : aínda hai moitas mulleres que interiorizan  teñen que ser fisicamente atractivas, atraer a un home/parella exitosa, necesariamente teñen que ter fillos e ser coidadoras entregadas aparte de traballar sen descanso na súa vida laboral. O escritor Miguel de Unamuno acuñou o termo "sororidad" para referirse á hermandade feminina,  en 1921 ( Novela la tía Tula) referíase neste libro ao amor da irmá. Marcela Lagarde antropóloga feminista Mexicana, foi a primeira que utilizóu o termo sororidade desde unha prespectiva feminista.
É importante a sororidade entre mulleres tal e como dícia Madeleine Albright : "hay un lugar especial en el cielo para las mujeres que ayudan a otras mujeres". Como sabedes a frase inicialmente foi expresada doutra maneira...

 Ao novo ano 2024 que comeza pídolle unha sociedade menos androcéntrica: Que escoite en menos ocasións a pregunta : pero se a maltrata porque nono deixa? en ton de xulgar ( deberían ler estas persoas). Que cando unha muller acode triste, decaída a un servicio sanitario non se lle poña unha simple etiqueta de depresión e ansiedade sen profundizar nas causas. Que a unha muller non lle pregunten nunha entrevista laboral : pensa ter fillas ou fillos nos proximos seis meses?. Que a unha muller non lle pregunten : para cando as fillas ou fillos? asi durante anos. Que ás nenas desde pequenas non sexan bombardeadas coa idea de ter un corpo normativo para os ollos do varón ou de quen sexa. Que non se espere delas só por ser muller, teñan que coidar aos maiores, que poden coidar igual os fillos varóns das familias. Que non se critique á muller cando levan unha vida máis centrada no traballo que no coidado das fillas e fillos. Que non escoite iso de que hai moitas denuncias falsas ( 0'01% son falsas según o Poder Xudicial), menos aínda quero escoitar a burrada de que non existe a violencia de xénero. E podería seguir....

Pídolle ás familias que estean pendentes e non miren cara o lado, ELAS soen falar en ocasións pedindo axuda e non poucas familias minimizan, porque o agresor pode ter unha cara moi distinta coa familia ou simplemente a familia non quere asumir a problemática que ten diante dos ollos. Tamén as fillas e fillos deben e poden actuar cando son adultos, pensemos no maltrato psicolóxico, devastador vitalmente para elas. Sen axuda é imposible sair. 

Temos que repetar  que elas tomén decisións na súa vida,  non debemos decidir por elas salvo en situacións de risco extremo ( os profesionais psicólogas e psicólogos traballamos con elas para que poidan decidir e protexerse). Nos casos de maltrato emocional, se deciden seguir coa relación, hai que traballar coas mulleres ferramentas para protexerse, ata que poidan dar o paso de poñer distancia. O que sí é CLAVE escoitalas e non poñer en dúbida o relato, é fundamental que alguén da familia valide e apoie. 

Son mulleres fortes, nono olvidemos, simplemente están mermadas pola convivencia continuada cun home controlador, depredador, acomplexado e perverso que as anula, as aniquila, elas son un instrumento nas mans deles. Podemos ser observadoras/res sen facer nada, absolutamente nada. Isto é real e está pasando cada día, non tapemos os ollos. 

FELIZ ANO 2024 ESPECIALMENTE, COS MEUS MELLORES DESEXOS, PARA TODAS AS MULLERES.

mércores, 14 de decembro de 2016

"Para min o importante é ter alguén que te mire cando falas"

Onte estiven con María,  María José , María del Carmen , María del Pilar...todas temos algo de María e non só no nome , estamos fartas desa dobre xornada diaria e de estar sempre para os demáis.
María tivera varios intentos frustrados, argallaba hai tempo facelo e un día cercano xa a xubilación marchou.

María dicía que isto da lotería do Nadal, que tan complicado é que che toque , e ela sempre se pasmaba coas colas e colas antes do sorteo, xa que para ela ese papeliño qué lotería era?
Para ela a mellor lotería e ter alguén que lle mirara aos ollos cuando falase, un anaquiño todos os días : "para min é importante ter alguén que te mire cuando falas e recordar a vida, aínda que a miña non sexa ideal para recordar:  as miradas intimidantes, o ton de voz, os silencios,  esos silencios de non estar dispoñible para ninguén agás para si mesmo ou dicir :"eu non falo de tonterías"  (e así non falaba de nada comigo).  El decidía cando estar dispoñible e eu tiña que acatar as súas regras , agora si... agora non...

María logrou sair deses silencios impostos cando ela quixo e decidiu . As mulleres que sofren maltrato son un grupo heteroxeneo sin máis elementos comúns que o feito de ser muller e ter unha relación cun home que recurre á violencia.  Non son pouco formadas, nin pouco intelixentes, nin pouco valentes, non son necesariamente dependentes do agresor. Non se pode dubidar do seu relato nin culpabilizala de soportar durante anos un calvario.
En muitos casos a propia familia/amigos  pon en dúbida a situación que vive a muller e isto o que fai é complicar moito máis a situación.

domingo, 17 de xullo de 2016

O perdón é unha opción, non un deber moral

Educar ás/aos nenas/os facéndolles pensar que cando alguén os quere están a salvo, non é axeitado e non sempre é así. Están a salvo cando alguén lles quere ben. Hai afectos que danan, afectos que destrúen sen deixar de ser afectos.

Cómpre distiguir entre agresión e maltrato, na agresión a violencia é puntual (ocasional) e o maltrato é algo mantido no tempo (a violencia define a relación interpersoal). Se damos unha labazada a un neno unimos amor e violencia, transmitímoslle ao fillo unha mensaxe equivocada "os que aman teñen dereito a agredir". En todas as culturas hai violencia, xa que ten que ver co manexo do poder nas relacións interpersoais: ou domino ou son dominado.

Temos que educar aos fillos sen cruzar a liña da violencia, sen utilizar a violencia como unha forma de resolver conflitos. Cando un pai pega sempre é un erro do pai, sempre é unha perda de control do pai, sempre é unha falta de recursos. Para educar sen violencia hai que utilizar o castigo non violento, o diálogo, consenso entre os dous proxenitores, esperar para tomar decisións, ser coherentes coas normas que temos e pedir perdón de ser necesario. No posible deben decidir e deben elexir, non debemos decidir por eles. Normas e límites son necesarias para educar e ter autoridade sobre os nenos. Ser colegas dos fillos non é educar.

No caso dos nenos que viven situacións violentas eles son os que deben decidir se perdoan ou non. O perdón é sempre unha opción e non perdoar tamén o é. É igual de lexítimo non perdoar. O psicólogo que traballe violencia intrafamiliar, xamais debe forzar nin esixir o perdón. O perdón é terapéutico, pero debe ser elixido pola vítima. Será polo tanto a vítima quen decida preservar o vínculo ou non co seu agresor. Só a vítima pode decidir continuar nun futuro esa relación co proxenitor violento: pensemos no caso de abuso sexual que non é máis que unha forma máis de violencia sobre o menor e que é o máis devastador para unha persoa... en non poucos casos non queren volver a ter relación co agresor.

Violencia tamén é facer sentir culpable ao fillo. Faino responsable dos seus actos, pero culpable de nada. Xa sabemos todos que as palabras poden ferir máis que unha labazada...

martes, 17 de maio de 2016

O namoramento dura o que dura e despois hai outras cousas ...

Hai anos, anos xa... eu non chegaba aos trinta escoitei iso de que "os matrimonios de conveniencia son os que máis duran". No momento quedei escandalizada, xa sabemos todas como nos "come o tarro" iso do amor romántico, iso de realizarnos co amor, iso da entrega aos demais...

Isto de por conveniencia... que dura a cousa máis, mais que qué?... que o amor?? claro e logo¡¡¡¡ O amor dura o que dura ata que se acaba ou se transforma (ás veces é mellor que se acabe...).

Conveniencia abarca moito: lucro, proveito , interese, recompensa,  ganancia, utilidade, vantaxe, comodidade  ui¡¡¡ comodidade, neste intre recordamos moitos matrimonios cómodos verdade??
Está claro que dura máis a conveniencia que o amor e... cántos hai que empezan por amor e seguen por conveniencia¡¡¡¡

Quen está namorado depois de 17 anos de convivencia? dicíame hai días unha persoa e ten razón: O  namoramento dura o que dura e despois hai outras cousas: fillos,  hipoteca (une moooito ), unha vida organizada e estructurada etc, etc.

Pode parecer unha visión moi negativa do amor de parella, negativa tal e como nos educaron si: fomos e somos educadas no código do coidado ao outro e á subsmisión, de someternos aos homes, de crer que necesitamos o seu apoio e que fracasamos se non mantemos a relación (o amor romántico fai estragos, posibilita aguantar violencia... mata)

Hai unha socialización diferencial para os nenos e as nenas, eles son educados para ser autónomos e exercer o poder sobre as mulleres. Non se recoñece ás mulleres como seres autónomos con necesidades propias. Dende que nacemos é así, crendo que o amor é o que dá significado á nosa vida.

En fin, intimidade, paixón e compromiso segundo di ROBERT STERNBERG (2004) son os tres compoñentes do amor que de estaren integrados dura e dura e dura... Iso do compromiso abarca moitas cousas entre elas coido eu a conveniencia así que sigo pensando que moitos insisten e insisten polo compromiso.




mércores, 6 de xaneiro de 2016

Atentas

Hai persoas que son un pracer, pracer escoitalas, pracer miralas simplemente, como pensan, como se moven, como escoitan.. ..son persoas que veñen a salvarnos, soa mal dicilo así xa que cada un sálvase a si mesmo pero todos temos alguén que nos poida escoitar non? ou debería ser así.

En 2015 foron asasinadas 64 mulleres a mans das parellas, estas mulleres seguro que nalgún momento falaron con alguén, cunha irmá, cunha cuñada, cunha amiga... temos que prestar atención, sempre hai indicios de que ela está mal, de que está triste, de que ten medo. 

Temos que estar atentas coas mulleres que temos ao lado xa que o agresor pode ser amable coa familia (pensemos no agresor hipercontrolado) e extremadamente cruel con ela.  Sempre hai sinais sempre... sempre... o caso é querer velas. Hai que falar con elas para que vexan o perigo, para que denuncien.

En 2015, 64 destas mulleres seguro que tiñan algunha persoa pracer coa que falar, coa que desafogar.

As mulleres temos que estar unidas e atentas: unha muller que sofre maltrato ten dúbidas, un día veo claro e outro cúlpase a si mesma e os cercanos a ela podemos facer moito se abrimos os olhos, ese curmán, ese cuñado, ese amigo pode ser un maltratador e moitas veces as mulleres miramos para outro lado.

Os machistas utilizan as súas parellas como escaparate do seu poderío, o único que lle importa é exercer o control e poder sobre elas e non imos ser cómplices deste maltrato.

ATENTAS COAS MULLERES QUE TEMOS AO LADO¡¡¡¡